Regulación de Actividades excluidas de la Red Natura en el Proyecto de Plan Director Gallego

Cap. 4. Exclusión de actividades na Rede Natura 2000

1.0 O territorio delimitado polo espazo protexido da Rede Natura 2000 considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades e aproveitamentos mineiros a ceo aberto. Non se permitirán novas actividades extractivas. Estas explotacións producen un impacto paisaxístico crítico, incompatible cos obxectivos de protección do espazo natural, dos seus hábitats naturais e das especies de interese para a conservación e, por outra parte, contan con mínimas posibilidades de restauración a curto ou medio prazo.

Con carácter excepcional, a viabilidade da ampliación das explotacións minerias preexistentes, quedará supeditada a unha axeitada avaliación das súas repercusións ambientais.

2.0 O territorio delimitado polo espazo protexido da Rede Natura 2000 considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novos aproveitamentos industriais de:

  • Enerxía eólica, con excepción dos proxectos de repotenciación dos parques existentes, na forma que establece a normativa sectorial e unha vez verificada a súa compatibilidade mediante unha axeitada avaliación das súas repercusións ambientais.
  • Enerxía hidroeléctrica, establecidos sobre cauces fluviais, con excepción dos proxectos de
  • modernización dos aproveitamentos hidráulicos existentes, así como tamén os que sexan necesarios para garantir a calidade do medio que os sustenta.
  • Enerxía fotovoltaica, con excepción dos proxectos de modificación dos existentes.

2.1 Os proxectos de repotenciación, modificación, modernización ou ampliación dos aproveitamentos industriais de enerxía eólica, fotovoltaica ou hidroeléctrica existentes, que poidan supoñer unha afección significativa sobre a integridade do espazo natural ou sobre o estado de conservación dos hábitats e das especies de interese para a conservación, someteranse a avaliación de impacto ambiental.

3.0 O territorio delimitado polo espazo natural considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novas actividades industriais, incompatibles cos obxectivos de conservación da Rede Natura 2000.

http://mediorural.xunta.es/fileadmin/arquivos/conservacion_natureza/plan_director_rn2000/0_Plan_Director_Rede_Natura_2000.pdf

2 comentarios:

  1. Ley 22/1973, de 21 de julio, de Minas.
    Artículo 2.1
    Todos los yacimientos de origen natural y demás recursos geológicos existentes en el territorio nacional, mar territorial y plataforma continental, son bienes de dominio público

    ResponderEliminar
  2. Constitución Española de 1978
    Artículo 128.1
    Toda la riqueza del país en sus distintas formas y sea cual fuere su titularidad está subordinada al interés general.

    ResponderEliminar